Galupín

17, 2, 2005

U.S.A.? U.R.S.S.?….C.H.I.N.A.!!!!

chinaspacial Coa URSS fóra de combate desde que Stallone fostiou a Gorbachev en Rocky VII, cos USA que acaban de xubilar ao Hubble e prefiren investir os fondos da carreira espacial na moito máis rendíbel loita contra…tatachán!… o Eixo do Mal, con esa ESA europea incapaz de darlle a apropiada dimensión mítica aos seus foguetes, co globo de Betanzos ancorado na tecnoloxía pre-industrial (importada do Oriente vía Portugal), que nos queda agora, amigos e amigas que papamos xuntos o colacao en branco e preto con Armstrong, Aldrin e Collins? Ímonos conformar con… Buzz Lightyear? Pedro Duque?

Non!

China é a nova esperanza ante o desafío da fronteira infinda. Atrás quedaron os vaciles de que se os chineses se puñan todos uns riba dos outros chegaban á lúa. Ha! Agora van en serio. Xa mandaron un paisano aló arriba no 2003. E continúan. E que estilazo. Xa non hai astronautas, agora son taikonautas. Non me estraña que os españois, ante a friaxe da diabólica Condoleeza, suban ao carro da nova tendencia espacial.

Aínda haberá algún materialista histórico que veña rosmando sobre a utilización política da carreira espacial e tal que sei eu. Home claro. Home non. Pero niso seguen a gañar os ianquis. Non me digades que o último avance non é apirolante: a guerra contra o abstracto. Guerra contra o terror. Liberdade duradeira. Xustiza infinita. Róncalle o carallo. Como lle chamamos a iso? A carreira hermenéutica? O que sabe, sabe. E o resto a papar brevas.

Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://galupin.blogsome.com/2005/02/17/usa-ursschina/trackback/

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>























Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here