Galupín

18, 2, 2005

Turismo subacuático

poseidon2 Poseidón: o primeiro hotel subacuático?

En vez da opción pequenoburguesa do turismo termal e aproveitando a espléndida oferta de lanzamento (1500$/noite), xa o teño decidido, voume decantar polo turismo subacuático. A tutiplén. Ora ben, o que non é de recibo, nin sequera de albarán, é que a Xunta permita que lle chamen o primeiro establecemento hostaleiro submariño, tendo como temos na Galiza infraestructura abonda para ser unha potencia pioneira, tendo como temos ese par de pecios limpiños e recén parcheados, tendo como temos esas espaciosas lanzadeiras nas que pode baixar ao fondo ata unha excursión enteira, tendo como temos eses barcos con visión subacuática no Grobe, Muros, Vigo, para levar aos turistas. Home, por favor. É que non hai visión de negocio nin espabilación ningunha. Pensades que o xacobeo vai resistir a pertinaz andanada de ateismo e homosexualidade? A ver esa consellería de Turismo, Pesca e Medio Ambiente! Hai que reabrir o Prestige, que o Poseidón aínda non abriu! Tanta comisión tanta ostia…

Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://galupin.blogsome.com/2005/02/18/turismo-subacuetico/trackback/

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>























Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here