Galupín

23, 2, 2005

Gunkanjima

gunkanjima Cando atopei Gunkanjima non me sorprendeu tanto a curiosidade da súa existencia como a sensación de que algo así tiña que existir. Foi como a confirmación dun arquetipo, a materialización dun mito. Iso que me atrae a entrar nos predios abandonados con máis interese ca nos museos.

Perto de Nagasaki había un illote que se chamaba Hashima, apenas unha rocha sen vida no medio do mar. En 1870 apareceu carbón e a explotación levou xente. A base de cemento, o perímetro do illote ampliouse a un kilómetro e fóronse erguendo os altos edificios que acollerían a unha poboación de máis de 5000 persoas. De lonxe semellaba un barco de guerra, por iso deron en chamarlle Gunkanjima.

No esplendor da cidade, os habitantes gabábanse de ter de todo, agás cemiterio.

Un século despois, a explotación fechou. En 1974, marcharon os últimos habitantes de Gunkanjima deixando atrás as ruínas perfectas.






















Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here