Suficientemente degradado
Se a ría xa está suficientemente degradada (SD), por que non botarlle máis merda? Lóxico. SD, o novo paradigma.
Ser/estar SD, ten as súas desvantaxes, claro. Teñen que retocarche o careto co photoshop para as campañas. Así e todo, é moito mellor estar SD que estar avariado (ecoloxistas, homosexuais, nacionalistas, esquerdistas). Nada mellor que un presidente SD, para un país SD. Un presidente SD non gasta en profilaxe. Pode ser católicoapostólicoromano pero pecador. Pode estar SD física, moral e políticamente, non pasa nada, todo o que veña á rede á peixe, moito a peor non pode ir. Unha costa SD pode admitir todo o chapapote que se queira. Un tecido social SD pode soportar calquera tipo de agresión. Unha lingua SD, soporta calquera tipo de aldraxe. Un país SD só merece un plan SD. Compostela SD? Galiza SD!
