Galupín

11, 4, 2005

Corina Porro: gurú do copyleft?

corina porro Ando esta tempada interesado nas novidades sobre cultura libre, copyleft e derivados. Cheguei a esta páxina a través de todonada e pareceume moi razonábel o manifesto. Non é galupín moito de andar de abaixo firmante pola vida , pero neste caso estiven a un tris. Só me detivo o detalle de ver a sinatura nos postos máis altos da lista (nº 16) da política co mellor nome artístico: Corina Porro. Podo estar de acordo co contido do texto mais…Corina Porro???? Cultura Libre???? Isto que é? Un boicot? Unha broma dun copyesquerdista pasado de idems? Antes de asinar creo que teño que estudiar a bagaxe cultural e o perfil político desta pepeira. Seguro que foi okupa cando era nova, antes de unirse ao comando anarcopopular de D. Manuel.






















Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here