20-X
Mi madriña, non sei como vou levar esta semana de espera. Resultado das eleccións: PP: 37, PSOE: 25, BNG: 13. O 27 de xuño saberánse os resultados definitivos, que poden mudar debido aos votos dos ‘residentes ausentes’. É probábel que o deputado número 38 -a maioría absoluta- chegue oculto nese fardel de votos. Non estou para anáilses agora. Non me veñades visitar. Non chamedes por teléfono. Non estou para comentarios. Cago na tos. Espero que non vos crucedes comigo esta semana. Merda. Merda. Merda.
Sabíao. A cousa ía estar por un tris. Aquí para haber un trasvase de votos significativo ten que haber, non sei, un cataclismo. É que xa non lembramos os resultados das municipais post-Prestige? Votos fidelizados. Galiza impermeábel. Moita subida dos sociatas, moito efecto zp, moita vaina. O carallo. Houbo trasvase, pero case foi máis notábel o do BNG ao PSOE que a cativa perda do PP. A operación renove semella que non rendeu moitos beneficios. Non sigo que me agreo.
E que carallo pasa coas malditas sondaxes? Como pode haber tanta diferenza entre un enquérito a pé de urna e os resultados finais?
Merda de post. Merda de día. Merda.
