Galupín

29, 9, 2005

O retorno de Ulises

kefalonia Acharon a tumba de Ulises, Odiseo. E non nos dixeron nada. Foi xa no 91. E non na illa de Itaca, senón na viciña de Kefalonia, nunha vila chamada Poros. Desde o achado non pararon de sucederse as confirmacións en numerosas pasaxes da obra de Homero. Mesmo se ten achado un broche exactamente igual ao que un Ulises disfrazado lle descrebe á súa muller e paisaxes que coinciden coas da obra. Por que se nos ocultou? O gobernador das dúas illas, tamén arqueólogo, entusiasmado pola descuberta, presentou un programa de promoción e conservación deste novo lugar. A puxante industria turística das dúas illas, que leva anos vivindo do mito, viu ameazado o seu negocio, impediu a súa reelección e decidiu esquecer o asunto. Itaca segue a ser a illa de referencia homérica. Kefalonia tamén saca a súa tallada, pero non precisamente Poros, senon Argostoli, importante centro turístico. E iso non vai cambiar por moita evidencia arqueolóxica que aparecer. Antes aínda veremos unha Xerusalem palestina ou unha Coruña xacobea. Nunca se sabe. O negocio da historia, un negocio contra a historia.






















Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here