Galupín

20, 9, 2005

Presentando….O Polbo Rampante!!!

polboarborícola Visto que aquí aínda está a casa sen varrer e non nos tratan como é debido, os polbos galegos marchamos de visita. Imos axudar a causa dos nosos curmáns os polbos ianquis. Como xa vos dixen, alá si que os teñen puteados e os pobres andan que agabean polos piñeiros. Talmente. Mira ti que xa non saben onde meterse e a un fato deles deulles aí atrás por subir ás pólas das árbores. A cousa funcionou ben ao principio. Alá estaban eles, verdes que daba xenio velos. Pero non che durou moito a alegría. Seica agora tamén andan case en perigo de extinción.

Pobres, descubríronos. Estaban tan tranquilos subidos á parra, e alá chegaron os humanos a montala, coma sempre. Agora son famosos. Os Famosos Polbos do Noroeste Norteamericano. Xa apareceron as asociacións ecoloxistas para intentar safalos, pero non sei eu… canto máis falan de un, peor lle vai. Nós, carallo, especialistas en pasar desapercibidos! E non che hai maneira.

De momento, os polbos galegos, sexa pola irmandade cefalópada, por aquelo do noroeste (será coincidencia?) por cruzar o atántico e os EEUU ou polo que sexa, imos alá botarlle unha man aos ianquis. En tempos complicados, nada mellor que emular as fazañas do noso admirado Cósimo, o barón rampante que pasou toda a súa vida vivindo nas árbores, tal e como o fabulou o xenial e admirado Italo Calvino.






















Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here