Pésima reputación
Por que os polbos temos tan mala fama? Hmmmm. Maticemos. Mala fama, mala fama, témola básicamente no imaxinario pulp e serie b norteamericano. Para mostra un botón.
Aquí nos nosos lares, a cousa non está tan mal. Non hai que esquecer que os polbos supoñemos unha importante fonte de ingresos para moitos dos nosos portos. E terra adentro, que sería das feiras sen nós? Nada.
O malo é que últimamente parece que as capturas minguan. E non é que nos agochemos mellor que antes. As razóns todos sabemos cales son. Os polbos vimos a terra a desovar. E hai cousa de dous anos ou tres, pois que queredes que vos diga? Mosqueounos abondo atopar todo cheo de borra negra. Para borra, para tinta da boa -e non contaminante- xa estabamos nós e mais as luras.
Ímosvos facer rabear un pouco. Xa veremos se voltamos. De momento están aparecendo solucións habitacionais bastante curiosas.
Haiche que probar de todo.
