As botellas
As populares botellas do monte Gaiás resulta que se chaman as torres Hejduk. Chachi.
-Pero quen carallo é ese señor?, pregúntase o ignorante Galupín mentres abre o google.
Nacido en 1929, John Hejduk foi arquitecto e educador que viviu e traballou en Nova Iorque. Estudiou na Cooper Union entre 1947 e 1950, e deu clases no mesmo centro desde 1964, onde foi rector ata que se retirou en 2000, un mes antes de morrer. Foi un arquitecto que se abstivo maiormente da práctica convencional. O groso do seu traballo consiste en proxectos teóricos executados como debuxos inseridos en persoais narrativas poéticas.
???
Hmmm. Que interesante. Dan gañas de meterse arquitecto e deixar de ser un humilde galupín. Que envexa. Que envexa me dá o Einsenman ese tamén. Andar facendo obras polo mundo -que digo obras, cidades, cidades da cultura, cidades da cultura dun lugar concreto, cidades da cultura de Galiza- e poñerlle o nome dos amigos. O Hedjuk agora xa é faro e guía das nosas referencias culturais como pobo galego cultural que somos, digo eu. Que sorte teñen algúns (refírome aos galegos, pobo ousado arquitectónicamente por excelencia).
O cosmopolitismo cultural do partido popular sempre me causou asombro. No amplo espectro que vai do pincho empanada á deconstrucción avant-la-lettre, os populares sempre se moveron sen cancelas e cunha naturalidade pasmosa. Póngame cuarto y mitá de lo mejor que se le ponga a tiro, parecía ser a divisa dos seus expertos culturais. E tan campantes. Pero agora iso xa acabou ( non acabou?). Deixaos ir.
A Cidade da Cultura tráeme tolo. Un día decidireime a publicar un post como é debido, pero é que agora non dou. É que escoitar a Touriño e cía. que a ‘responsabilidade’ implica darlle continuidade ás obras (aforrando alá onde se poida), que a solución é simplemente ‘redefinir’, cambiar responsábeis, consultar con expertos… ponme malo. Non pido concordar, aínda que sexa mínimamente, co programa cultural das forzas políticas no poder. O que me enerva é a súa incapacidade manifesta de articular e enunciar un mínimo discurso cultural. Xa sabemos o que era a cultura para o PP. Por favor BNG, PSdG…dicide dun carallo dunha vez que raio é a cultura para vós! (e aproveitade para explicarnos tamén quen é John Hejduk e por que as botellas non teñen tapón).

Moi bonito o seu blog. Cumprimentos.
Comment by Nygard — 23, 9, 2005 @ 5:59 pm
Gracias.Grazas.Graças.ObrigadoArigato!
Comment by galupin — 23, 9, 2005 @ 6:45 pm