Operación Edén
Clayton James Cubitt é fillo dunha muller que fuxiu sendo adolescente para facer de gogó nun clube de Bourbon St. en Nova Orleans e dun tipo do Canadá que pasaba maría pola fronteira mexicana. Coñecéronse, casaron e marcharon para LA nunha furgo VW. De camiño, concebiron a Clayton no parque dos dinosauros de Utah, quen agora é fotógrafo en Brooklyn. Clayton medrou en NO e agora volveu a casa para ver que foi da súa nai e o seu irmán pequeno, que aínda viven alá. No seu blog persoal, Operation Eden, recolle o relato da súa aventura e as súas fotos. Un exemplo de como o blog transforma a nosa idea da información. En inglés, claro. Paga a pena lelo desde o principio.
