Il n’est pas Shakespeare
E seguen as descubertas históricas. Agora resulta que Shakespeare non era Shakespeare. O tal William existir, existiu, documentado está, actor era, e famoso no seu tempo, tamén. Agora, iso de que escribira tanto e tan ben, con tanta documentación, con coñecementos de latín, grego, francés, alemán, italiano, etc., e cun estilo tan requintado para un fillo de berce humilde, sempre foi posto en dúbida polos scholars británicos (así de clasistas son, si). Pois agora resulta que uns investigadores galeses acharon evidencias suficientes como para afirmar que o autor real das súas obras foi un tal Henry Neville, este xa si de boa familia, de tan boa familia que era descendente dos Plantagenet, e claro, como algunhas das pezas máis polémicas foron entendidas como alegorías sobre os despropósitos dos Tudor (os rivais), pois claro, é loxico que Henry decidise publicar usando ao pobre Billy como home de palla. As probas están aquí. Logo sairá un libro explicando todo.
Aínda vai resultar que o Cervantes non era de Lugo! Cousas veredes…
Como dicía o bardo: Though this be madness, yet there is method in ‘t
