Galupín

10, 10, 2005

Filiberto Ojeda Rios

Filiberto
Filiberto Ojeda Ríos foi o líder fundador do Exército Popular Boricua, que loitaba (loita?) pola independencia de Puerto Rico dos Estados Unidos. Tiña 73 anos. O 23 de setembro de 2005 foi asasinado nunha operación secreta do FBI na aldea onde se agochaba.

Os delitos dos que estaba acusado eran de roubo e evasión. Databan dos anos 80. Filiberto levaba anos fuxido. Debía ser moi perigoso porque en lugar de proceder á súa detención, foi abatido nun tiroteo. Ferírono nunha clavícula pero logo deixaron que se desangrase durante varias horas. A operación non foi reportada ás autoridades portorriqueñas, que reaccionaron moi críticamente. O gobernador da illa calificou o feito como “impropio” e “altamente irregular”.

As actividades do EPB desde a súa fundación en 1976 inclúen 3 militares americanos mortos, varias sabotaxes a instalacións ianquis e o roubo de 7 millóns de dólares á Wells Fargo. Filiberto fóra apreixado en relación con este roubo, mais conseguira fuxir da xustiza.

Disque era brillante intelectualmente. Entrou na universidade con só 15 anos.

De mozo tocou a trompeta e a guitarra nunha banda de salsa.

Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://galupin.blogsome.com/2005/10/10/filiberto-ojeda-rios/trackback/

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>























Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here